domingo, 28 de junio de 2009

homenaje a nuestra luz

Sempre tiven a fantasía de que se un se botase a nadar en liña recta desde as Cíes chegaría a Nova York, se fixese o mesmo desde a Torre de Hércules chegaría a Londres. Estes días decídese a cualificación da torre como Patrimonio da Humanidade. Sería unha moi boa noticia para toda Galicia. A Torre é un símbolo do mellor do noso pasado e do futuro máis aberto que poidamos desexar. Abre Galicia ao mundo, á sabedoría atlántica. É un solsticio artificial que funciona o ano enteiro. É o I+D da historia que cómpre coñecer. Alumea o mellor mito co que blindamos o noso pasado soberano e universal. Proxéctanos como tribu cosmpolita e internacional.
Estamos famentos de boas noticias e de sensacións de enerxía positiva. Por iso, desculpen os meus lectores, que hoxe busque refuxio na épica atlántica e que prefira pensar en que podemos nadar o noso futuro coa mesma teimosía, orgullo, esperanza e intelixencia coa que Torre de Hércules atravesa o tempo histórico para alumear cada noite e sinalar os días do noso futuro perplexo.

ANTON REIXA EN XORNAL

1 comentario:

  1. eu acho que qualquer sonho se tornará realidade mais cedo ou mais tarde...
    beijos ( en tu caso bicos)

    ResponderEliminar