martes, 4 de agosto de 2009

XXVIII FEIRA DO LIBRO: A CORUÑA

Martes 4:
18.00 A fira dos nenos. A compañía de teatro A Loca Motora, representará a súa obra O telderete da cachifallada, con Eva Vila e Zezilia Meléndrez.
19.00 Presentación e lectura teatral do libro Valentino Rufino e Akil Pillabán de viaxe a Milán e van sen un can de Roberto Salgueiro, publicado por Baía Edicións.
19.00 O escritor Tikara Otomo asinará ejemplares do seu libro Sala de espera, publicado pola editorial Iro Iro.
19.30 Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.

20.00 Editorial Galaxia presenta o libro A cociña de Larpeiros, de Benigno Campos .
21.00 O escritor Xosé Neira Vilas, presenta o seu libro Lóstregos, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.
Mércores 5:
18.00 A feira dos nenos. Acto arredor do libro O arco da vella, de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás e publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participarán os autores do libro.
19.00 O escritor Bieito Romero asinará ejemplares do seu libro Xeometrías máxicas de Galicia, publicado pola Editorial Ir Indo.
19.00. Presentación do libro A casa máxica. O meu primeiro libro de maxia do Mago Pedro Volta, publicado por Baía Edicións.
20.00 O escritor e xornalista Luis Rei Núñez presenta o seu libro Monte Louro, gañador do Premio Blanco Amor de Narrativa 2009 , publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto o escritor Xavier Seoane e Manuel Bragado, director xeral da editorial.
20.00 O actor e escritor Moncho Borrajo, asinará exemplares do seu libro Dende a outra beira, publicado por 3 Editores
21.00 Ediotorial Galaxia presenta os últimos títulos da colección Árbore Os Duros. Participan Xosé A. Neira Cruz e os autores e ilustradores dos libros: María Lires, Alberto Varela Ferreiro, Margarita Ledo, David Pintor, Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.
Xoves 6:
18.00 A feira dos nenos. A escritora Heidi Kühn-Bode presenta a súa Actividade teatral para nenos, realizada arredor do seu libro Falou un queixo, publicado pola Editorial Galaxia.
19.00 O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa asinará exemplares do seu libro A vida do outro (premio Torrente Ballester 2008), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 O escritor Carlos L. Medrano, presenta o seu libro Esfinge. Relatos de pensamento creativo, publicado por 3C3 Editores. Xunto co autor, participan no acto Salvador Naya e Amancio Liñares Giraut.
19.30 O escritor Ignacio del Valle, asinará exemplares do seu libro Los demonios de Berlín, publicado pola Editorial Alfaguara.
20.00 O escritor Luis Pousa Rodríguez asinará exemplares dos seus libros La noche de las palabras, gañador do IX Premio Literario Fernando Arenas Quintela (2009), editado por Publicaciones Arenas e Embigo do mar, publicado por Edicións Espiral Maior.

20.00 O escritor Carlos Mella presenta o seu libro Memorias dun ninguén, publicado pola Editorial Galaxia.
20.30 O escritor Javier Sáez de Ibarra asinará exemplares do seu libro Mirar al agua (Premio Ribera del Duero de Narrativa Breve), publicado pola editorial Páginas de Espuma.
21.00 Recital narrativo musical de Xosé Carlos Caneiro arredor do seu libro Blue moon, publicado por Biblos.
Venres 7:
18.00 A feira dos nenos. A compañía de teatro de rúa Seisdedos, representará a súa obra O galo Kiriko e os seus amigos.
19.00 A escritora Concha Blanco asinará exemplares dos seus libros.
19.00 A asociación MusicArte presentará o seu libro-CD Once máis 15. Poemas musicados.
19.30 O escritor Vicente Iglesias Martelo asinará exemplares do seu libro La Calle Real Coruñesa. Historias y vivencias, editado por Publicaciones Arenas.
20.00 Edicións Laiovento presenta os libros De fala a língua: un proceso inacabado, de María del Pilar García Negro e Sobre o racismo lingüístico, de varios autores e coordinado pola mesma autora.
20.00 Xabier P. Docampo (autor) e Xosé Cobas (ilustrador), asinarán exemplares do seu Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de Libreiros de Galicia), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.30 O escritor Luis Lamela asinará exemplares do seu o Escapado, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

21.00 O humor na feira do libro. Monólogo humorístico de Cándido Pazó.
Sábado 8:
19.00 A feira dos nenos. Contacontos da escritora Yolanda Castaño e do debuxante Xosé Tomás, arredor do seu libro Cando eu saiba ler, publicado pola Editorial Galaxia.
19.00 O escritor, debuxante e actor Moncho Borrajo, asinará exemplares do seu libro Gatos, publicado pola Editorial Ir Indo.
20.00 Presentación do libro Os días adiados, de Correa Corredoira, publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto co autor, participan no acto o poeta e profesor Xavier Seoane e Miguel Anxo Fernán Vello, director da editorial.
20.00 A escritora Espido Freire asinará exemplares dos seus último libros: El trabajo os hará libres, publicado pola Editorial Páginas de Espuma e Cartas de amor y desamor, publicada por 451 Editores.
20.30 O escritor Xavier Alcalá asinará exemplares do seu libro Habana Flash, publicado por Ediciones Nowtilus e do resto das súas obras.
21.00 Edicións Laiovento presenta o libro Rosalía de Castro. A luz da ousadía, do escritor Diego Pardo Amado.
Domingo 9:
19.00 A feira dos nenos. A escritora Irene Castelos Cortizas asinará exemplares do seu libro Pesadillas al anochecer, publicado por Éride Ediciones.
19.00 A editorial Trifolium presenta o libro de María Casares Residente Privilexiada. Presentará o acto María Lopo. Tamén participarán no mesmo María Xosé Bravo, concelleira de Cultura do concello da Coruña e o editor, Xan Arias.
19.00 O escritor Luis Sepúlveda asinará exemplares do seu libro La sombra de lo que fuimos (Premio Primavera de Novela), publicado pola Editorial Espasa Calpe e do resto dos seus libros.
19.30 A escritora Consuelo Mariño Bobillo asinará exemplares do seu libro La Coruña bajo el reinado de Fernando VII, editado por Publicaciones Arenas.
20.00 Presentación libro Hasta el fin del mundo, do escritor Manuel Sánchez Dalama.
21.00 A escritora Magdalena del Amo, presentará o seu libro Déjame nacer, publicado pola editorial La Regla de Oro. Xunto coa autora, participará no acto o doutor José Manuel Crespo.
Luns 10:
18.00 A feira dos nenos. Espectáculo de monicreques: Os tres porquiños se algún outro, realizado por Mario Tomás.
19.30 O escritor Xavier Seoane presentará o seu libro Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008, publicado pola Editorial Trifolium. Xunto co autor, tamén participarán Miguel Anxo Fernán-Vello e o editor Xan Arias. Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares do seu libro.
20.00 A escritora Leticia Dotras Méndez, asinará exemplares do seu libro Océanos de una orilla, editado por Publicaciones Arenas.
20.30 A Associaçao de Amizade Galicia e Portugal fai a presentación do libro Galiza: Língua e sociedade (XIV Ensaios). Presenta e modera, Fernando Vasques Corredoira (traductor). Interveñen: António Gil Hernández (editor e co-autor) e Ernesto Vázquez Sousa (co-autor).

1 comentario:

  1. Grazas pola informacion teño que pasar a votar un ollo o fin e o cabo traballo no sector pese a que non me inviten, e o malo de non levarse co asociaion de libreiros cago na mar salada, jaja.

    Unha aperta

    ResponderEliminar