viernes, 22 de mayo de 2009

a prepararnos que viene

http://www.festivaldeortigueira.com/

9,10,11,12 de xullo
Festival 2009

Proximamente poderás consultar, desde este mesmo espazo, o programa de concertos e actividades que conformarán o cartel do Festival Ortigueira 2009. Non deixes de visitar a páxina para coñecer as últimas novidades.

Cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, o Festival Ortigueira tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.

O esforzo nas súas últimas edicións pasa por reforzar as infraestruturas de servizos -autobuses gratuítos, aparcamentos vixiados, duchas, aseos, puntos de información- para facer máis cómoda a estancia dos milleiros de visitantes que ateigan a vila e a zona de acampada libre da praia de Morouzos, e coidar ao máximo a calidade da programación musical. As estrelas do folk elixen os palcos de Ortigueira para presentar os seus últimos traballos -escenario Estrella Galicia- e o certame eríxese ademais como catapulta de novas bandas -Escenario Runas-.




Os países celtasNa estrema occidental de Europa, as fisterras do vello continente cartografían os territorios dos chamados países celtas. Na fachada atlántica europea trazouse na antigüidade un arco de relacións comerciais e culturais que se renova na contemporaneidade ao abeiro da música e a reivindicación dunhas raíces culturais compartidas. Os vencellos esténdense dende Escocia ata Galicia e o seu contorno, abranguendo a costa cantábrica -Asturias, Cantabria- e parte dos territorios do norte da meseta, pasando asemade por Irlanda, a Illa de Man, Cornualles, Gales e Bretaña.

1 comentario:

  1. Tengo una amiga originaria de esa región le comunicaré sobre estas celebraciones, como es artista y de origen celta seguro estará encantada de saber más.
    Gran saludo!

    ResponderEliminar