lunes, 16 de marzo de 2009

Funcionarios

O 5% da poboación galega traballa como funcionario para algún tipo de administración pública. Son moitos. E non digo que o sexan necesariamente para o traballo que executan. Dígoo en termos absolutos: poderían, se así o decidisen conxuntamente, paralizar a vida de Galicia ou facer un complot para transformala radicalmente. Pero nunca será así porque entre ese 5% haberá tanta diversidade como entre o resto da cidadanía do país. Con todo, ben pagaría a pena que tanto funcionarios como non funcionarios non nos conformaramos co senso inexorablemente pexorativo que ten o apelativo "funcionario". Eles, por vontade de integración e valorización social, os outros, porque a creba dese cliché supoñería que as cousas funcionan mellor para todas e todos.

Sempre que hai eleccións fálase da función pública, moito ou pouco, pero sempre algo. Agora que está sobre a mesa o inventario máis exacto do funcionariado e tamén podemos entender, non xustificar, que ningunha opción política no poder acometa cambios efectivos neste campo: son demasiados votos
anton reixa para xornal

No hay comentarios:

Publicar un comentario