viernes, 24 de abril de 2009

VI FEIRA DO QUEIXO EN CARRAL DOMINGO 26 DE ABRIL

O Concello de Carral dende a Concellalía de Comercio ,celebra o día 26 de abril a sexta edición da feira do queixo. O PRÓXIMO 26 DE ABRIL CELEBRARASE A VI FEIRA DO QUEIXO organizada un ano máis co obxectivo de potenciar este produto do país: “Queixo do país”.Máis de 20 queixeiras expoñen os seus queixos nunha carpa ofrecendo degustación e venda do produto. Teremos queixeiras de Carral e doutros concellos limítrofes como Abegondo, Curtis, Ordes, Oza dos Rios, ..etc. Neste día o concello agasalla con queixos aos establecementos para que ofrezan degustación aos seus clientes como forma de potenciar este produto gastronómico típico e feito de maneira artesanal

No hay comentarios:

Publicar un comentario