jueves, 23 de abril de 2009

O banco de España e as pensións

Qué pensariamos se o ministerio de traballo propuxese fusións de entidades finaceiras? Un exabrupto análogo é o que se vén de producir coa alerta, imprecisa pero apocalíptica, do gobernador do Banco de España sobre a solvencia do fondo público de pensións. E xa non digo coa recomendación de retrasar a idade de xubilación. É certo que as sociedades actuais deben acometer a reflexión sobre ese aspecto da cultura laboral pero sobre iso haberá tantas posicións como as percepcións que cada un teñamos da calidade e creatividade da nosa actividade profesional. Pero, desde logo, non é ao regulador financeiro oficial a quen lle cómpre protagonizar ese debate.
Do que si se debía informar e cerciorar Fernández Ordóñez é da solvencia real dos fondos de pensións privados que custodian e xestionan bancos e caixas. Nos últimos anos promocionouse un estado de opinión, moi neoliberal, de primar os fondos privados nese contexto de pensamento único contra todo o público. Ocúpese do sistema financeiro que do demais xa nos encargamos nós.

1 comentario:

  1. El asunto de la prolongacion de la edad laboral antes de jubilarse a la larga va a ser inevitable, nos guste o no, siendo que aumenta tambien la expectativa de vida. En cuanto a bancos y jubilaciones, la verdad que me da retortijones que se hable del tema, tanto por la crisis, como por mi trabajito. Es que ya estoy saturado con el tema.

    ResponderEliminar