XOVES, DÍA 23 DE ABRIL:
Coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Concellaría de Cultura convoca un acto de "Lectura pública colectiva da Esmorga " nos Xardíns de Méndez Núñez durante dúas horas (de 17 a 19 h.) á que está convidada toda a cidadanía .
O acto estará acompañado dun CONCERTO OURENSÁ, un concerto de voz e acordeón pensado para, por, sobre Ourense. Dende cantares de cego que falan de afiadores e paragueiros a temas populares e tradicionais de Ourense e arredores. Voz, acordeón e percusión para poñer banda sonora a unha obra como A Esmorga.Axuntando o acordeón de Moncho do Orzán e a voz de Nelson Quinteiro.
Convidámoste a tomar parte nesta lectura como unha forma de homenaxear unha das obras máis importantes da literatura galega contemporánea.
Confirma a túa participación neste correo electrónico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario